Pistacatro converte este luns o Pazo de Goiáns nun escenario para a danza vertical

22 Agosto 2022

O Pazo de Goiáns de Boiro segue adiante coa seu carreira para converterse no epicentro cultural da nosa comarca, dando acubillo a todo tipo de espectáculos e actividades. Este luns 22 de agosto, sen ir máis lonxe, albergará unha función acrobática, de danza vertical e circense de Pistacatro. Trátase dunha cita dupla , conformada por O autoestopista intergaláctico (ás 21.00 horas) e Vertixe (ás 22.00 horas).

Ficha de Vertixe (Vértigo)

Presentación de Pistacatro

“En Vértigo de Hitchckok, se eliminamos a Scottie, quédanos ela, ou elas, as dúas personaxes que interpreta Kim Novak: Madeleine e Judi. E elas o enchen todo. Scottie tan só é un narrador, unha inxenua testemuña da espesa arboreda feminina do filme, maduro bosque de secuoias”.

“Na parede, no muro ou no precipicio, a compañía Pistacatro da man das Duelirium trata de evocar unha atmosfera dura, réptil, percorrer o trasunto que vai da unha á outra, que empeza na penumbra e remata no abismo”.

“As rutinas que se suceden no espectáculo parten dun entorno de investigación sen abandonar en ningún momento a vertente espectacular das artes verticais”.

“Vértigo é a primeira peza de Danza Vertical en parede que se fai en Galicia e que propón outros escenarios onde poder levar o circo e as artes do movemento da man da compañía factoría de circo galega Pistacatro e en estreita colaboración co dúo de aerealistas Duelirium”.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.