Patrimonio devolve o seu esplendor aos petróglifos danados de Porto do Son

09 Agosto 2022

A Dirección Xeral de Patrimonio vén de recuperar os petróglifos da Gutrita, en Porto do Son, logo das agresións sufridas por este tesouro arqueolóxico esta primavera, denunciadas en maio pola Comunidade de Montes de Baroña (un atentado que consistiu en repasar as siluetas de cinco cervos e un sol cun obxecto punzante).

Os traballos despregados para recuperar os petróglifos (levados a cabo na Gurita e en Pedra Bicuda) complementáronse con labores para conservalos e interpretalos e identificalos de xeito máis doado, tentando evitar que no futuro se dean máis agresións deste estilo por descoñecemento da importancia do xacemento.

Ademais, os membros da Mancomunidade contribuíron á posta en valor dos petróglifos con tarefas de roza e limpeza na súa contorna, mellorando tamén os accesos para facer máis doado o seu desfrute por parte de persoas con dificultades de mobilidade.

A Consellería de Cultura, da que depende Patrimonio, explicou que o proceso de restauración conta cun investimento de 18.000 euros e inclúe a limpeza e consolidación dos gravados, así como a súa documentación gráfica pormenorizada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.