Outes prepara chan industrial que se debaterá no pleno do próximo xoves

21 Agosto 2022

O equipo de goberno de Outes leva dous anos tratando de lograr unha modificación que permita habilitar chan industrial no municipio.
Para iso é necesario aprobar unha modificación do plan urbanístico, unha proposta que está paralizada por falta de consenso na corporación, pero que podería desbloquearse tras o achegamento de posturas entre o executivo local e o PP, grupo maioritario da oposición.
O obxectivo do goberno outiense é habilitar chan industrial na zona da Xurisdición, nas proximidades da Serra.

O acordo parece máis factible tras as reunións mantidas nos últimos meses, e na que participaron ademais do rexedor, Manuel González, a tenente de alcalde, Alba Quintela, a portavoz do PP de Outes, Beatriz Muíños, e o membro popular Andrés Castro.

A portavoz popular mostrouse favorable a que a proposta supere o trámite da aprobación inicial. Neste sentido, sinalou que o que queren é que o documento saia a exposición pública e os veciños teñan a oportunidade de presentar alegacións.

remitida

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...