“O tratado global dos océanos debera esperar”. Antón Luaces

28 Agosto 2022

Desta vez, como antes en Lisboa, non pudo ser: a conferencia da ONU para acordar un tratado global dos océanos deberá ser abordado nunha nova rolda  de diálogo para, deste xeito, pechar un acordo antes de que remate este ano.

O obxectivo da conferencia dos Océanos puxo o punto final este venres na sede da ONU en Nova Iorq, nunha outra nova ocasión se acordo após dúas semanas de debates nas que os intereses dalgúns dos participantes  impediron facer realidade un Tratado Global dos Océanos co que se pretende protexer as augas internacionais que conforman case que a metade do planeta Terra.

De nada serviron os argumentos debatidos e aprobados. Malia tofo, queda a esperanza dunha vindeira ocasión, unha nova oportunidade: os participantes na reunión de Nova Iorq  avanzaron, deron pasos cara adiante nas últimas 48 horas da conferencia, e os responsables desta consideran que se está máis perto ca nunca da meta.

España e a UE forman parte da Coaligación de Alta Ambición (High Ambition Coalition), foro político do máis alto nivel que integran medio cento de membros. Esta comunidade interncional t ,ebtou avanzar cara o obxectivo 30×30: a protección xurídica do 30% dos océanos para o ano 2030. Máis os intereses en xogo fixeron que se estragara un final que se anunciaba con moitas posibilidade de éxito. As industrias farmacéuticas e químicas sitúan nun primeirísimo plano o descubrimento e explotación dos recursos xenéticos mariños, especies mariñas que facilitarán xens patentables no futuro para novos fármacos ou cosméticos. Mandan as vendas, o comercio, o negocio e a cobiza dos países, antre outro Rusia, Canadá e Estados Unidos.

Haberá, seguramente, unha nova rolda. Ou isto é o que se espera. Hai interese en desbloquear o impasse producido. Existe a necesidade de protexer once millóns de quilómetros cadrados de océano ata 2030 porque os océanos son o sustento da vida na Terra. Haberá que intentar de novo un acordo que faga realidade, antes de que remate 2022, un tratado global do  océano  sólido que permita protexer o alto mar, algo que algúns países  impediron deliberadamente . Pouco importa que os medios de subsistencia estean en perigo, como en perigo está tamén a seguridade alimentaria de milleiros de millóns de persoas de todo o mundo.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.