O receptor Kleist Praia Mendonça, novo xogador do Rotogal Boiro Voleibol

17 Agosto 2022

• O xogador brasileiro procede do Ao-Khaleej Saihat árabe, club no que militou as tres últimas tempadas
• O punta de 32 anos regresa a Europa para afrontar a súa primeira experiencia na Superliga española
Boiro, 17 de agosto de 2022. Kleist Praia Mendonça, receptor brasileiro de 32 anos e 1,93 metros de estatura, xogará no Rotogal Boiro Voleibol a tempada 2022-2023. Internacional co seu país en categoría xuvenil, afronta a súa primeira experiencia en España procedente do Ao-Khaleej Saihat árabe,
club no que militou as tres últimas tempadas.
Kleist Mendonça xa coñece o voleibol europeo. Na tempada 2015-2016, proclamouse campión da liga de Romanía co Universitatea Craiova. Antes, conseguira os subcampeonatos da competición grega co Pamvochaikos e da suíza co Pallavollo Lugano, equipo co que gañou a Supercopa helvética.
Kleist Mendonça convértese no duodécimo xogador do persoal do Rotogal Boiro Voleibol despois de que o club confirmase a presenza no primeiro equipo dos colocadores Jaime Arjones e Ismael Martínez; os opostos Gerónimo Elgueta e Juan Quelle; os receptores Alan Davila e Martín Casais; os centrais Wu Cheng-Tang, Héctor Barro e Mario Iglesias; e os líberos Adrián Alves e Alberto Tubío.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.