Os socialistas de Ribeira, a través do concelleiro-voceiro José Manuel Vilas Álvarez, presentarán ao pleno da Corporación, un rogo relativo á senda peonil que enlaza en Aguiño a rúa Castelao coa Tasca, A Catía, Río do Mar, Areeiros, e Punta do Castro en Castiñeiras, unha senda moi transitada durante todo o ano, aínda que máis en época de verán, tanto por veciños como por visitantes. Os socialistas critican que a infraestrutura atópase en mal estado nalgúns treitos e así, “despois duns anos de grato e bo servizo, varios tramos están sufrindo o paso das inclemencias meteorolóxicas, e do deterioro natural da estrutura de madeira”.
O PSOE advirte de que a localización concreta destas eivas mais evidentes establécese nos treitos ao Carreiro, o acceso da rúa Lagarto, no emprazamento das dornas, na beira do río Listres. Porén, sinalan, “unha revisión exhaustiva por parte de persoal especializado sintetizaría as deficiencias da instalación”.
E engaden: “A senda é un referente no paseo habitual de moitas persoas, cunha mostra inigualábel entre o mar aberto ea tranquilidade da ría de Arousa, polo que a accesibilidade ao paseo do Carreiro debe ser acorde co que se intenta transmitir en valores, modernidade, limpeza e beleza”.
En virtude do antedito, o grupo solicita o seguinte no pleno da Corporación:
“Que por parte da alcaldía ou delegación correspondente, se proceda a substitución das táboas estragadas, e reparación da senda peonil, acometendo as obras precisas, canto antes”.