O programa Camiñantes e cantantes grávase este xoves en Boiro

17 Agosto 2022

Boiro vai acoller este xoves a gravación do programa musical Camiñantes e cantantes, que será rexistrado para a súa emisión en televisión (na TVG). A gravación levarase a cabo este xoves 18 ás 22.00 horas na praza de Galicia.

O musical, ademais de La Ocaband como banda musical principal, contará coa participación de outros convidados como son Pepo Suevos, Manuel Manquiña, Pili Pampín ou Lucía Pérez.

Camiñantes e cantantes é un musical integramente en galego, apto para un público familiar, e de carácter gratuíto, que terá unha duración aproximada de 120 minutos e será gravado para a súa emisión na Televisión de Galicia. Conta tamén co patrocinio da Xunta de Galicia, a través do Xacobeo 21-22 e da colaboración de Turismo de Galicia.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...