O lume de Cures xa arrasou unhas 350 hectáreas e segue activo

05 Agosto 2022

A comarca do Barbanza deitouse este xoves 4 de agosto coa máxima preocupación, provocada polo primeiro gran incendio da tempada na nosa contorna, un lume orixinado na parroquia de Cures que ao mediodía venres 5 de agosto xa levaba arrasadas unhas 350 hectáreas de monte arborado e baixo, avivado fortemente polo vento do nordés e ameazando dende a xornada previa ás aldeas de Montaña, Montañó, Piñeiro ou Mosquete, entre outros núcleos de poboación. Neste intre, ao mediodía deste venres, aínda permanecía activo, segundo informacións actualizadas da Consellería de Medio Rural.

O lume de Cures no solpor nunha imaxe de Quincemil

As lapas, cunha fronte de máis de máis de cinco quilómetros que avanzou sen control durante a noite (houbo que interromper co solpor os labores de extinción dende o aire), provocaron unha nube de fume que se estendeu até Ribeira, e máis alá cubrindo a práctica totalidade da Serra de Barbanza e as súas estribacións e provocando a alarma entre a cidadanía e confusión sobre onde se atopaba a orixe do lume (chegouse a crer que estaba ás portas de Ribeira).

Este xoves a última hora estaban traballando no lugar os bombeiros e os efectivos de emerxencias de Boiro, o GAEM de Ribeira e equipos da Consellería de Medio Rural. Máis polo miúdo, contouse co seguinte despregue de recursos humanos e materiais: dous técnicos, 1 8axentes forestais, trinta e dúas brigadas, 23 motobombas, catro pas, sete avións e sete helicópteros. Coa chegada da noite o lume seguiu avanzando cara As Chans do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.