O libro sobre Moncho de Reboiras de Xurxo Martínez e Xosé Manuel Pereiro preséntase este sábado na Eira da Lavandeira (Imo, Dodro)

10 Agosto 2022

Dodro vai acoller este sábado 13 de agosto a presentación dun libro que repasa a vida e o legado dun dos veciños máis destacados do concello: Moncho Reboiras. Estamos a falar do libro Reboiras. O camiño da rebeldía (Aira Editorial), que se dá a coñecer este sábado ás 20.00 horas, na Eira da Lavandeira (Imo) nun acto que contará coa presenza dos seus autores, Xurxo Martínez e Xosé Manuel Pereiro.

Presentación editorial

Xosé Ramón Reboiras Noia é moito máis ca Moncho Reboiras, unha imaxe nun cartaz ou nun valado. Unha persoa por riba dun mito. Un dos grandes dirixentes políticos do nacionalismo a quen o franquismo lle arrebatou a mocidade, o entusiasmo e a rebeldía en agosto do 1975.

Neste libro, histórico e xornalístico, Xosé Manuel Pereiro e Xurxo Martínez González, danlles voz aos compañeiros e compañeiras daqueles anos de fulgor e atrevemento, levándonos a un tempo moi distinto do actual onde todo estaba por construír.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.