O incendio de Boiro obriga a desaloxar o camping de Oleiros. Habilitado o polideportivo de Palmeira para acoller os desprazados

05 Agosto 2022

O lume que esta a afectar á comarca desde a tarde do xoves obrigou a desaloxar o camping de Oleiros e cortou varias estradas. Desaloxadas tamén varias vivendas particulares e algúns aloxamentos turísticos na Pobra do Caramiñal debido á proximidade das chamas. O alcalde Ribeira, Manuel Ruiz, sinalou que se habilitaron polideportivos como o de Palmeira para acoller ás persoas desprazadas por mor do incendio. témese que o fume poda afectar o Hospital Comarcal.

Desde emerxencias piden que se despexen as estradas para facilitar o acceso dos efectivos e a evacuación de persoas. Por favor que non acudan os curiosos a velo lume.

O lume que desde a tarde do xoves está a fectar o concello de Boiro está a deixar imaxes espectaculares que nos chegan remitidas por lectores de ” Obarbanza.gal” e do “Lumes Grupo Barbanza”. Grazas pola colaboración e podedes mandarnos fotos por whatsapp 608240160 ou a redaccion@obarbanza.gal.

Tal como informamos a Consellería do Medio Rural solicitou a declaración da ‘Situación 2’ no incendio forestal de Boiro, debido á proximidade das chamas ao núcleo de poboación de Piñeiro.

Mensaxe do alcalde de A Pobra desde as redes sociais:

O Alcalde Xose Lois informa

Un día fatal para a nosa comarca, e unha noite que pode ser incluso peor. O incendio cruzou todo o monte dende as aldeas de Boiro de Montaña, Montañó e Piñeiro, pasou por riba de San Paio (por sorte) e dirixiuse moite arriba a toda velocidade, pasando a Portela, cruzando o Barbanza, e baixou ata chegar a Oleiros. Tremendo. Agora baixa cara a Vilas, Entrerríos, Río de Cestos, Armental, O Foxo,… Xa hai moitas vivendas e establecementos hostaleiros desaloxados. Non sabemos a onde vai chegar, e polo de agora os medios están en Oleiros, onde máis perigo existe de que afecte ás vivendas. O do monte de San Isidro non é controlable pola noite, imposible saber onde vai parar. Pola outra banda da Curota, tamén pode volver para a Pobra. Horas moi longas van ser as desta noite, desexando que pasen e os medios aéreos poidan volver a actuar. Difícil asimilar todo isto, ferida profunda na nosa terra.

Moito ánimo a todas as persoas que traballan duramente para porlle freo a isto, especialmente ao voluntariado de protección civil.

Desde Escarabote

Desde a autovia

Desde Corrubedo
Desde o centro de Ribeira

Desde a Illa de Arousa
Desde Portosín
Desde Oleiros

Incendio desde Cabo de Cruz

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión