Declarada a alerta 2 por proximidade a vivendas no incendio de Boiro que xa arrasou 400 hectáreas

05 Agosto 2022
Incendio de Borio desde Portosín. Foto Xurxo Sobrino

A Consellería do Medio Rural solicitou a declaración da ‘Situación 2’ no incendio forestal de Boiro (A Coruña), debido á proximidade das chamas ao núcleo de poboación de Piñeiro, tal e como o avanzou por Twitter.
Este lume, que afecta á parroquia de Cures e que foi declarado activo ás 16,12 horas do xoves, queimou unhas 350 hectáreas, segundo as últimas estimacións da Xunta.
Ata o momento, mobilizáronse para controlalo tres técnicos, 25 axentes, 40 brigadas, 25 motobombas, catro pas, unha unidade técnica de apoio, 12 avións e sete helicópteros.

Ata esta, a única ‘Situación 2’ que permanecía vixente era a do lume de Caldas de Reis, que afecta tamén o municipio veciño de Vilagarcía de Arousa, cunhas 450 hectáreas queimadas. Con todo, Medio Rural avanzou en Twitter que evoluciona “favorablemente” e “non hai perigo para núcleos de poboación”.

Grupo Lumes Barbanza

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...