O domingo nova convocatoria de manifestación en Palmeira pola atención médica presencial

A Plataforma de Veciñas de Palmeira convoca unha nova manifestación para o domingo 21 polo dereito a unha atención médica presencial.

A nova convocatoria, a anterior tivo lugar o pasado 7 de xullo, producese polo incumprimento na falla de médico no Centro de Saúde de Palmeira, o estar este de baixa. Actualmente e pese ás promesas feitas, o Centro somente ten médico presencial unha vez á semana de tal xeito que están programos este mes as citas para este mércores 17, o 23 e o 29 de agosto.

A Plataforma insiste na necesidade de contar con médico permanente no Centro de Saúde, dado que Palmeira ten unha poboación de idade moi elevada que non pode trasladarse o de Ribeira xa que obriga os familiares a solicitar permisos no traballo. A isto tampouco axudan os pequenos autobuses das liñas xa que non facilitan o acceso ás persoas maiores.

A manifestación arrincará o domingo 21 ás 12 da mañá desde a Lagüiña e recorrerá as principais rúas da vila para rematar diante do Centro De Saúde.

Desde a Plataforma de Veciñas de Palmeira fan unha chamada á sociedades da comarca para que apoie esta manifestación xa que si ben hoxe a vila é a afectada esto pode produirse noutras localidades da comarca tal como acontece en Taragoña e Cabo de Cruz. A convocatoria conta tamén co apoio da Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública dá comarca dá Barbanza.