O Deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, asistiu en Dodro ao nomeamento da Rúa Moncho Reboiras

12 Agosto 2022

O responsable de Patrimonio e contratación da Deputación da Coruña, Xosé Lois Penas, asistiu esta mañá en Dodro á inauguración da rúa Moncho Reboiras, acto organizado polo Concello no día en que se cumpren 47 anos do asasinato do sindicalista, político nacionalista e opositor á ditadura franquista.
O concello de Dodro aprobou a iniciativa no pleno celebrado no mes de xuño para “recoñecer e lembrar un veciño perseguido e asasinado polo franquismo polas súas ideas políticas”.
Na homenaxe celebrada hoxe colocáronse tres placas, unha delas na vivenda onde foi velado o corpo de Moncho Reboiras en agosto de 1975. Durante a lembranza interviron o irmán do homenaxeado, Manolo Reboiras; o alcalde da localidade, Xavier Castro, e o promotor da iniciativa e tenente de alcalde, Xoán
Bautista Mariño.
Penas salientou “o exercicio de democracia, de lembranza e de recuperación que dá continuidade ao recoñecemento, polo Consello de Ministros en 2009, de Moncho Reboiras como vítima do franquismo”. “Mais a de hoxe”, engadiu, “tamén é unha homenaxe a todas aquelas persoas e colectivos que durante
anos lembran cada 12 de agosto a figura deste destacado dirixente político en actos como os que se celebran en Imo e Ferrol”.

Outros artigos

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...