O Concello de Boiro reivindica a súa historia (e a súa memoria) cun roteiro polo Camiño Real

10 Agosto 2022

O Concello de Boiro, a través da área de Memoria Histórica, vai desenvolver unha actividade denominada Roteiro da memoria polo Camiño Real, co obxectivo de recuperar a historia esquecida do concello (silenciada por aqueles que impuxeron a súa versión ao longo de diferentes épocas e acontecementos) ao tempo que se pon en valor o rico patrimonio local. A concelleira de Memoria Histórica, Dores Torrado, fixo na mañá deste mércores 10 de agosto a presentación da ruta que se comezará a realizar no mes de setembro.

Segundo dixo, o obxectivo concreto desta actividade é enxalzar o valor da ruta do Camiño Real e recuperar a memoria histórica, patrimonial, cultural e social dun lugar emblemático do municipio. “O Camiño Real foi a primeira das vías de comunicación que tivo Boiro e recolle moitos elementos patrimoniais e da memoria colectiva”, recoñeceu a concelleira Dores Torrado.

Tamén lembrou que “a zona de Cimadevila foi centro administrativo, comercial e social de Boiro durante moitos anos, polo que a ruta que vaise realizar ten elementos significativos da nosa memoria colectiva”.

O percorrido transcorre dende Cimadevila e pasa polo Camiño Real e vai ata Ponte Goiáns. En concreto vaise actuar en lugares significativos da historia do municipio como son a praza do Cuartel Vello, a entrada ao Camiño Real, a praza da Igrexa de Boiro, a Casa da Tenencia e a fonte de Ponte Goiáns co obxectivo de dar a coñecer a memoria colectiva do noso pobo por medio de traballos realizados polo Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...