O Concello de Boiro reformará o hangar do Club de Piragüismo en Barraña para facilitar o seu uso

04 Agosto 2022

O Concello de Boiro vén de sacar a licitación as obras para renovar e acondicionar o hangar do Club de Piragüismo situado no Edificio das Colonias de praia Xardín. As actuacións, dun importe de 65.140,86 euros, están financiadas a través do Plan Único Concellos (POS 2022) da Deputación da Coruña, e contemplan a reforma da nave existente para mellorar as súas condicións de uso. O alcalde, José Ramón Romero; a concelleira de Deportes, Dores Torrado; o arquitecto municipal, Emilio Piña; e o membro do club, Luis Ourille, visitaron o inmóbel de Barraña na mañá deste 4 de agosto.

Segundo informaron, o proxecto que se pretende executar ten como finalidade a reforma e ampliación da nave que o Club de Piragüismo Rias Baixas emprega para gardar as piraguas no Edificio das Colonias de Praia Xardín. Tamén fixeron saber que a orixe da iniciativa está nas dificultades que atopan os integrantes do club para acceder e empregar o interior do edificio, cuns portalóns que non facilitan o manexo das embarcacións e reduce a capacidade de almacenaxe da nave. “Con esta reforma o que se busca é mellorar as condicións de uso, creando un módulo que permita o almacenamento de embarcacións de maior eslora que neste momento non teñen cabida”, sinalaron.

O Concello de Boiro está a traballar para sacar a licitación as cinco obras contempladas no Plan Único Concellos (POS 2022) da Deputación da Coruña e entre as que se atopan, ademais das actuacións no hangar; as beirarrúas e servizos en Pedra da Bouza; mellora pavimentación na vía de Curvera- Mavi; a restauración dun tramo de beirarrúas na AC-305; e a urbanización das rúas Tenencia e Pesqueira, unhas actuacións que se publicarán nas vindeiras semanas na Plataforma de Contratación do Estado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.