O Concello de Boiro pavimenta un treito de estada na Mina (Lampón)

23 Agosto 2022

O Concello de Boiro informou de a zona da Mina na parroquia de Lampón, está a ser obxecto de obras de pavimentado. Trátase dunha actuación englobada no Proxecto de Mellora e Pavimentación en Carragueiros, Currillo, A Mina e Loimar financiada mediante o POS+2021 da Deputación da Coruña. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron na mañá deste 23 de agosto o lugar onde se están a executar as actuacións.

Segundo informaron, o proxecto contempla a renovación do conxunto do firme e as súas características funcionais. Na Mina estase a actuar en tres tramos distintos, un deles de 500 metros entre a Mina e a Madalena e outros dous de 200 e 170 metros entre A Mina e Rosadelas.

Esta actuación, dun importe de 148.781,01 euros financiada mediante o POS+2021 da Deputación da Coruña, forma parte do plan de obras e melloras que o Concello de Boiro está a executar nos diversos núcleos do rural para mellorar os servizos e as conexións entre os diversos núcleos de poboación de todas as parroquias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...