O Concello de Boiro organiza en agosto visitas guiadas ao pazo e aos muíños de Goiáns e roteiros polo municipio

05 Agosto 2022

O Concello de Boiro, a través do Departamento de Turismo, organiza visitas guiadas durante o mes de agosto ao Pazo de Goiáns, aos Muíños de Goiáns e polos sendeiros do municipio. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Turismo, Carlos Muñiz, presentaron este venres 5 de agosto as distintas actividades.

O Pazo de Goiáns, durante os traballos de remodelación recentemente desenvolvidos no inmóbel e na súa contorna

A partir deste sábado vanse realizar visitas guiadas ao Pazo de Goiáns, duns 45 minutos de duración, e que serán os martes pola tarde ás 18.15, 19.15 e 20.15 horas; de mércores a sábado pola mañá ás 10.15, 11.15 e 12.15 horas e polas tardes ás 18.15, 19.15 e 20.15 horas; e os domingos pola mañá ás 10.15, 11.15 e 12.15 horas.

Dende o departamento vanse organizar tamén visitas aos muíños de Goiáns, que serán os mércores de agosto de 16.00 a 17.00 horas; e tamén roteiros de sendeirismo guiados, que serán o 11 de agosto aos pasais do río Coroño e o 25 de agosto aos muíños do río Breiro.

Toda a información sobre as distintas actividades e inscricións na Oficina de Turismo do Concello de Boiro, aberta durante o verán de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas, os sábados de 10.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, e os domingos de 10.30 a 14.00 horas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.