O Concello de Boiro organiza a zona de acampada libre en San Ramón de Bealo

28 Agosto 2022

O Concello de Boiro, logo de realizar xestións coas administracións competentes en materia de regulación da acampada libre e os campamentos turísticos de Galicia, regula o espazo para a realización de acampadas durante a celebración dos festexos en San Ramón de Bealo. A acampada so estará
permitida durante a celebración dos festexos, nos terreos sinalados e atendendo as medidas de seguridade e uso.
Na Xunta de Seguridade celebrada a pasada semana para acordar o protocolo e medidas a levar a cabo en San Ramón alertouse da normativa publicada pola Xunta de Galicia en novembro de 2019, sobre a prohibición da acampada libre en Galicia, unha normativa entrada en vigor logo da celebración dos ultimos festexos na contorna. Logo das xestións realizadas coas administracións competentes e os titulares dos terreos, o Concello de Boiro vén de acordar limitar a zona de acampada aos terreos de propiedade da Igrexa nas inmediacións da capela de San Ramón, exclusivamente durante a celebración
das festas.
O Concello de Boiro fai un chamamento á responsabilidade individual durante a celebración dos festexos, coidando a contorna, depositando os residuos e lixo nos lugares habilitados e tal efecto e cumprindo en todo momento coas normas establecidas polas forzas e corpos de seguridade que vixiaran o correcto
cumprimento das medidas.
Do mesmo xeito, lembrase a prohibición de facer lumes ou empregar equipos de combustión que poidan ocasionar calquera incidencia durante a celebración dos festexos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.