O comercio de Boiro pon este mes de agosto o broche de ouro ás rebaixas locais

16 Agosto 2022

O comercio de Boiro vai poñer o punto e final ás rebaixas locais cunha destacada iniciativa de promocións e ofertas. Farao a través da campaña Stocks Fóra Boiro, impulsada dende Asociación Boirense de Empresarios, que se desenvolve os días 18, 19 e 20 de agosto. Durante este tempo, os establecementos ofrecerán centos de produtos e servizos a prezos de liquidación.

Os comercios participantes, durante estas datas, terán sinalizados os escaparates e os produtos que se porán a venta a prezos de liquidación con carteis circulares vermellos elaborados especificamente ao abeiro desta iniciativa, co obxectivo de que axudar ao cliente a identificar claramente os produtos e participantes.

“Con esta campaña”, informa ABE, “porase o punto e final ás rebaixas de verán e os clientes poderán adquirir produtos a prezos súper rebaixados no remate final da campaña ademais de poder ver xa nas tendas o adianto da campaña de outono”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.