O Náutico de Portosín, en Porto do Son xa loce a bandeira azul e a ‘Q’ de Calidade Turística

06 Agosto 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no izamento das bandeiras de Q de Calidade turística e Azul no Club Náutico de Portosín, onde destacou que grazas a calidade e o
compromiso da Comunidade coa excelencia, acadáronse este ano 15 distintivos Q para outros tantos portos deportivos de Galicia e 166 bandeiras azuis que ondean en 112 areais, 11 portos deportivos, 14 centros e 29 sendeiros.
Os establecementos galegos co selo Q, que certifica estándares de calidade turística, aumentaron un 40% en dez anos. Neste senso, Castro destacou que a calidade é un sinal de identidade do noso destino turístico, “Galicia Calidade é moito máis ca unha frase o un slogan, representa o impulso cara a excelencia no que levamos traballando desde hai moito tempo desde a Xunta de Galicia”.
Neste sentido, Galicia, coas 15 instalacións náuticas deportivas certificadas co Q, é líder neste segmento en relación ao resto de comunidades costeiras de España.
Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia destacou a importancia de acadar este tipo de distincións que contribúen á dinamización turística e posicionamiento do destino como destino de calidade debido a que constitúen un elemento determinante na toma de decisións para un importante e numeroso colectivo, tanto de turistas nacionais como internacionais.
“Esta calidade é conseguida tras a aposta por un traballo constante no que diariamente se pretende a procura da cultura do detalle e o perfeccionamento” finalizou Castro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.