O Club de Remo de Cabo imponse na Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña

16 Agosto 2022

O Club de Remo Cabo de Cruz proclamouse gañador da Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña, tanto na modalidade masculina coma na feminina. A proba, que reúne cada verán aos mellores clubs de remo da provincia, celebrouse este ano nas augas da enseada da Malata.

Un total de 10 clubs, con 14 equipos (8 masculinos e 6 femininos) disputaron a Bandeira e fixérono, en palabras da entidade provincial, “nunha espectacular competición de 3 millas náuticas que congregou a numeroso público para seguir as evolucións das embarcacións nunha cidade que conta cunha gran tradición mariñeira”.

A deputada Ana Lamas foi a encargada de facer entrega das Bandeiras ás tripulacións gañadoras. A Deputación destina 24.000 euros en premios aos equipos participantes.

Ana Lamas felicitou ás gañadoras e gañadores da Bandeira 2022 e agradeceu a”impecábel organización do evento”, a cargo da Federación Galega de Remo que preside José Manuel Seijas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.