O Centro Social de Cabo de Cruz acolle durante o mes de agosto a mostra “Mariscando”

06 Agosto 2022


O Centro Social de Cabo de Cruz acolle este mes de agosto a mostra pictórica e fotográfica “Mariscando” con fotografías e Eduardo Estévez e Bernardino González e pinturas de Rita Sánchez Dosil. A concelleira de Cultura, María Outeiral, asistiu á presentación da exposición.
A exposición está composta por unha trintena de cadros e fotografías realizados na marxe norte da ría de Arousa, entre Escarabote e Abanqueiro, que reflexan todas as tarefas do marisqueo: rastrexar, escoller e limpar o marisco, a súa venda… e tamén os medios e ferramentas que empregan para desenvolver o seu traballo.
As imaxes que compoñen esta exposición están inspiradas nun coleccionable do xornal El País de fotografías dedicado a distintas profesións entre as que se dedicou un fascículo aos mariscadores nomeado “Os labradores do mar” e que buscaba dar a coñecer aqueles traballos máis difíciles de desempeñar.
Con esta mostra, que se pode visitar ata finais do mes de agosto na sala de exposicións do Centro Social de Cabo de Cruz, os autores pretenden quitarlle ao marisqueo o estigma de profesión “miserable” e mostrar que un mariscador ou mariscadora pode estar á altura de outros sectores produtivos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...