O BNG de Ribeira achega alternativas ante as restricións para que a veciñanza acceda aos seus garaxes durante Artemar

17 Agosto 2022

O BNG propuxo unha batería de alternativas ante as restricións de máis de 10h para que os veciños accedan aos seus garaxes. Fíxoo ante as queixas das persoas residentes nas rúas do centro urbano ribeirense como Lustres Rivas, Alcalá Galiano, Campo de Marte, rúa de Lugo ou Rosalía de Castro, que segundo reflicte a agrupación nacionalista, “mostraron o seu malestar ante as limitacións de acceso que impón o Goberno local para celebrar a Feira Artemar”.

Os concelleiros do BNG Cruz Rivadulla e Luís Pérez Barral

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, atendeu algunhas veciñas e veciños as queixas e demanda que o Goberno ribeirense adopte algunha solución e “busque alternativas que non pasen por prohibirlle á xente entrar no seu garaxe durante dez horas ao día”. Barral argumenta que “calquera persoa entende que a celebración de feiras e eventos pode ocasionar algúns pequenos trastornos, mais non se entenden unhas restricións tan excesivas durante catro días e nun horario tan amplo xa que as restricións establécense de 11:00h a 15:00h e de 18:00h até a media noite”.

A formación nacionalista cre “que estas prohibicións son consecuencia da falta de planificación que existe nos eventos que se realizan na vila”. E engaden: “Onde vai deixar o seu coche a xente? É unha xestión nefasta porque están ocasionando molestias inncesarias e provocan un caos no tráfico cando non hai necesidade”.

Barral sostén que “en troques de amorear todo nas rúas do centro e bloquear os garaxes, a feira podería estenderse a barrios historicamente discriminados como Bandourrío ou a contorna do Parque García Bayón”. E engade: “Parece que hai barrios que non son de Ribeira porque nunca acollen eventos e todo se fai no centro, no BNG apostamos por dinamizalos xerando dinamismo económico e social”. Por último, reclaman que cando se teñan que realizar restricións tan longas no tempo, se habiliten alternativas gratuítas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.