O BNG de Outes presenta unha moción para o arranxo e posta en valor da Piscina Municipal

18 Agosto 2022


O Grupo Municipal do BNG en Outes formulou para o seu debate e aprobación polo pleno da
Corporación unha moción na que insta ao Goberno local a corrixir as eivas da Piscina Municipal e poñela en valor para o seu pleno desfrute por parte da cidadanía. Segundo fai saber a agrupación, “dende o BNG levamos anos denunciando a situación precaria na que se atopa a piscina, e moitos dos problemas que sofren os seus usuarios son estruturais e débense a unha mala praxe na construción do edificio pero moitos outros son derivados dunha mala xestión continuada no tempo e dun abandono por parte do Goberno de Outes”.

O BNG lembra que a comezos da lexislatura conseguira o apoio da Corporación para “evitar que o ximnasio pechara durante os labores de mantemento do vaso da piscina, para conseguir que a piscina abrise ao mediodía e para a contratación de persoal de sala para o ximnasio”. En opinión do BNG, o Goberno municipal “só cumpriu coa apertura do ximnasio durante os labores de mantemento mentres que dos outros acordos fixo caso omiso”. Ademais critican que o Executivo tentase “colar en pleno unha modificación de ordenanza mal feita e sen consensuar”.

Estes son os acordos que propón o BNG:

  1. “O Goberno municipal deberá a elaborar un proxecto para arranxar as deficiencias estruturais da Piscina Municipal, a consensuar as prioridades do mesmo nunha xunta de voceiros previa e a procura de apoio económico doutras institucións”.
  2. “O Goberno local deberá organizar e planificar con previsión as actividades, cursos e oferta deportiva cunha antelación suficiente para ser atractiva á veciñanza”.
  3. “O Goberno municipal, logo dos trámites necesarios, contratará persoal de sala para o ximnasio”.
  4. “O Goberno municipal deberá solucionar, coa maior brevidade posíbel, a falta de persoal a través de medios propios para a substitución por baixa e outras circunstancias de forza maior”.
  5. “O Goberno municipal deberá facer un control real do estado actual de todo o equipamento e instalar o que sexa necesario para mellorar as instalacións: mantemento de maquinaria de sala, auga quente, aire acondicionado, controis de aforo, etc…
Filtracións na Piscina Municipal de Outes

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...