Noia e Rianxo acollen neste final do verán dúas observacións astronómicas xacobeas da USC

25 Agosto 2022

Noia e Rianxo van acoller neste treito final de verán dúas actividades de divulgación para descubrir os tesouros da bóveda celeste á cidadanía.

A cita de Noia será o 30 de agosto no Paso Marítimo, a carón das pistas de tenis.

A cita de Rianxo será vindeiro xoves 01 de setembro, ás 21.00 h, no Centro Sociocultural Auditorio.

En ámbolos dous casos trátase da observación astronómica A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño, abeirada ao programa Astronomía 2022, O Teu Xacobeo, organizado por Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da USC (Universidade de Santiago) e o Concello de Rianxo, co apoio do Xacobeo 21-22.

A actividade divulgativa A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño forma parte dunha xira galega para dar a coñecer a riqueza patrimonial do Camiño de Santiago e os fenómenos e obxectos astronómicos asociados ao itinerario. Rianxo e Noia foron elixidas para formar parte das actividades divulgación do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC . Coordinado polo director do Observatorio, José Ángel Docobo, o programa combina sesións de astronomía, da súa man e da de integrantes do persoal investigador e colaborador do OARMA, como Pedro Pablo Campo, Xabier P. Couto, María Brea e Jorge G. Crespo, con conferencias en relación coa arte xacobea do Camiño, que serán impartidas por Cecilia Doporto, experta neste ámbito.

Nas diferentes paradas da xira as persoas participantes aprenderán a identificar diferentes obxectos observábeis como as constelacións, coa contemplación do chamado triángulo de verán que conforman as estrelas brillantes Vega (na constelación da Lira), Altair (na Aguia), e Deneb (no Cisne), así como a propia Vía Láctea, visíbel cando os ceos están ben escuros, ou os planetas Xúpiter e Saturno, que poderemos observar á primeira hora da noite estes últimos días de agosto. Os telescopios desprazados pola USC permiten ademais divisar estrelas dobres, nebulosas e cúmulos estelares e, sobre todo, os detalles da Lúa en canto esta entre na súa fase crecente.

Todas as sesións son de balde e na páxina web do programa pódense consultar as datas previstas en cada concello así como as vías para reservar as prazas dispoñíbeis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.