Música, cinema, astronomía, libros e ópera marcan a axenda de Rianxo neste punto de inflexión entre agosto e setembro

24 Agosto 2022

A Área de Cultura de Rianxo compartiu os detalles da súa axenda para esta recta final do verán (finais de agosto, comezos de setembro) un ateigado programa de funcións, proxeccións, concertos e presentacións que destaca pola variedade das propostas e pola relevancia dos seus protagonistas no panorama galego cultural. Haberá concertos (a cargo dos boirenses The Cuncas), proxeccións cinematográficas (Cuñados), concertos (Los Saxos del Averno, abeirado ao ciclo Paisaxes Sonoras), observacións astronómicas (USC), unha preestrea operística (Papagena) e unha exposición a cargo de Karin Kuijper no Auditorio Municipal. Tamén se presentará o libro Galeóns, vapores e motores, de Manuel Gago Pérez.

XOVES 25 DE AGOSTO

  • 21:00 h – Praza de Rafael Dieste. Concerto de THE CUNCAS, presentando  o seu traballo XIRA QUE LIBRAS 2022

VENRES 26 DE AGOSTO 

  • 22:00 h – Nos  xardíns do Parque da Martela.   Proxección do filme  CUÑADOS no marco do programa NOITES DE CINE.

DOMINGO 28 DE AGOSTO 

  • 13:00 h – No Pazo de Rianxiño.   Concerto de LOS SAXOS DEL AVERNO, no marco do programa PAISAXES SONORAS, promovido pola  Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa.Mais info  en https://barbanzarousa.gal/

XOVES 1 DE SETEMBRO

  • 21:00 h – Auditorio de Rianxo e Parque Galicia.   OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA – A Vía Láctea e outros motivos Xacobeos do Camiño. Promovida polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da U.S.C , no marco do programa  ASTRONOMÍA 2022 – O TEU XACOBEO.

VENRES 2 DE SETEMBRO

  • 19:00 h – Auditorio de Rianxo. Presentación do libro   GALEÓNS, VAPORES E MOTORAS  de  Manuel Gago Pérez,  que trata da historia da pasaxe na Ría da Arousa. 

VENRES 2   e   SÁBADO 3  DE SETEMBRO

  • 21:00 h – Auditorio de Rianxo.   Preestrea da  Ópera  PAPAGENA,  unha Ópera Contemporánea de IAGO HERMO,  producida por BUTACAZERO, logo da a súa residencia escénica no Auditorio de Rianxo.  Entrada de balde ata completar capacidade.  Retirada de convites, dende unha hora antes das funcións.

SÁBADO 3 DE SETEMBRO

  • 12:30 h – Auditorio de Rianxo. Acto de apertura da exposición de arte naive EMOCIONES  autoría de  KARIN KUIJPER. A exposición  poderá verse no Auditorio entre os días 3  e 31 de setembro. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.