Música, animación e baile para desfrutar toda a familia na Pobra

05 Agosto 2022

A programación cultural destinada a público familiar continúa coa súa andaina neste verán. A
Pobra será escenario na vindeira semana de tres novas actividades enmarcadas na axenda posta en marcha pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.
A música soará no día 11 con Astronauta sideral, de Uxía Lambona e a Banda Molona, composto por numerosos temas para cantar e bailar ao ritmo de diferentes estilos, recuperando así a música tradicional galega e actualizándoa para os nenos e nenas. Será ás 20.30 horas, no Cantón da Leña.
Posteriormente, Sarao Producción & Animación transitará pola vila no día 12, a partir das 22.00 horas, coa súa exhibición Thea, deusa da luz, que se inspira nesta divindade da mitoloxía grega que era a titánide da visión e quen lles outorgaba brillo ao ouro e ás pedras preciosas.
E o baile correrá a cargo de El tomaSON, no día 14, das 20.30 horas en diante, coa demostración A Pobra baila!, que se executará no Cantón da Leña, con máis de 40 alumnos e alumnas de tódalas idades, ao ritmo de 14 estilos, no 20.º aniversario da escola.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.