Marta Alonso leva a Boiro o espectáculo Sofá

01 Agosto 2022

A artista, bailarina e coreógrafa ourensá Marta Alonso presenta este martes 2 de agosto en Boiro o seu espectáculo Sofá. Será ás 20.30 horas na praia de Barraña, a carón do Edificio das Colonias. Trátase dunha función para todos os públicos que xira arredor dunha parella e do seu sofá. A parella son Marta e Pablo, dúas persoas normais. O sofá é o lugar no que descansan e esquecen o que está fóra. O mundo: traballo mal remunerado, guerra, ameazas nucleares, catástrofes ecolóxicas, virus asasinos invisibles, normas arbitrarias, pobreza, esgotamento.Pablo e Marta están enfermos.
Enfermos de cansazo e aburrimento.
Pero téñense a unha ó outro, teñen un sofá, e saben bailar. Non todo está perdido.

Ficha técnica

Creación e interpretación: Marta Alonso Tejada e Pablo Reboleiro

Dirección e dramaturxia: Marcos PTT Carballido

Dirección de movemento e coreografía: Cía Sharon Fridman: Melania Olcina Yuguero, Arthur Bernard Bazin

Vestiario: La Canalla / Ethical Clothes

Espazo sonoro: Mounqup, Pablo Reboleiro e Marcos PTT

Realización de escenografía: Jose Perozo & Sandra Camalea

Dirección Técnica: Ángel Sousa

Audiovisual: Carlota Mosquera

Produción: Marta Alonso, Pablo Reboleiro, Manu Lago

Distribución: Lilian Portela

Produce: Cía martaalonsotejada con Pablo Reboleiro Rama

Con axuda á creación: Xunta de Galicia · Xacobeo 21-22

Coproduce: Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Colabora: Concello de Outes

Apoia: Danza Alfaia, Galicia Danza Contemporánea, Determinada Co.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

¡Hala Madrid!. Alberto Barciela

¡Hala Madrid!. Alberto Barciela

El deseo de ganar le hace ganar. Blanco sobre negro. Hay sí preparación, concentración, incluso fanatismo. Hay estrategia, próxima al ajedrez o a la guerra, o al ballet incluso cuando se roza el virtuosismo de una gambeta, un regate, o se alcanza el balón para...

“Falamos de paisaxe”. Luís Celeiro

“Falamos de paisaxe”. Luís Celeiro

Un estudio realizado pola Fundación Santa María La Real, entidade sen ánimo de lucro,“privada e independente”, identifica, define e cataloga vinte e catro tipos de paisaxediferentes nas cinco Comunidades Autónomas polas que pasa o Camiño de SantiagoFrancés, que...