Lousame lanza a primeira edición do San Rockiño 2022 coas actuacións de Residentes e Boomërs

11 Agosto 2022

O campo de San Roque en Lousame acollerá este domingo 14 de agosto unha cita rockeira: a primeira edición do San Rockiño, edcdión 2022. O evento, contará cos grupos locais Boomërs e Residentes. A entrada será libre ata completar o aforo do recinto.

Desde o Departamento de Cultura lembraron na presentación que o obxectivo deste festival é “que a veciñanza coñeza aos grupos de música do Concello de Lousame e arredores e gocen coas súas actuacións”. En palabras de Ton Lorenzo, da banda noiesa Residentes, “é unha honra tocar neste escenario e estamos moi agradecidos ao Concello de Lousame por contar con nós”.

Pola súa parte, Boomërs é unha banda incipiente lousamiá que está a dar os seus primeiros pasos nos escenarios. David, o guitarrista, di que está “moi agradecido de que o concello dedique parte da súa axenda cultural á música. Para min, especialmente, é un orgullo xa que nacín aquí mesmo e é a miña primeira vez tocando en Lousame”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...