Investigado un menor de Rianxo por tráfico de drogas

25 Agosto 2022


Axentes da Garda Civil procederon a investigar a un menor de Rianxo como presunto autor dun delito contra a seguridade colectiva na modalidade de tráfico de drogas e outro de desobediencia grave a axentes da autoridade. O mozo foi sorprendido no paseo marítimo.

Os feitos sucederon na terraza dun establecemento público de hostalería onde, segundo informa a Benemérita, fixo entregas de haxix a outros dous mozos, que lle entregaron diñeiro a cambio. Os feitos, engade, fueeron a plena luz do día e nunha terraza con xente.
Cando se ausentaron do lugar, a Garda Civil seguiu ao investigado para nunha rúa sen viandantes. Tras identificarse e comunicarlle que van comprobar as súas pertenzas, o autor dos feitos emprendeu a fuxida
Unha vez que se logrou alcanzarlle, atopóuselle unha bolsa de plástico con oito anacos de haxix dispostos para a súa venda e unha pastilla de éxtase, ademais do diñeiro que acababa de recadar e outro que tiña a maiores.

No momento da identificación danse conta de que é un menor polo que comunicaron aos proxenitores o sucedido. Dos feitos, deuse traslado á Fiscalía de Menores.

Outros artigos

Récord histórico de participación na Quincena Fantástica da ABE

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) fixo un balance da súa campaña estival Quincenas Fantásticas, que, en palabras da patronal, converteuse nun "novo éxito" e "está a converterse nun referente para dinamizar o consumo local durante o verán e premiar aos clientes...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Perdidos” – Xulio Xiz

“Perdidos” – Xulio Xiz

Véuseme á mente a serie Perdidos, que mestura unha especial visión do futuro con misterio, violencia, e aventuras nunha illa deserta. Despois de varias tempadas, como se fose unha provocación á imaxinación, todo queda no aire, os misterios non se aclaran por moito que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.