“Galicia, por diante de España e sen parar”. Antón Luaces

11 Agosto 2022

Canto teremos soñado os galegos en constatar que Galicia, de seu, podería situarse algunha vez por diante do conxunto de España?.

Pois velaí tedes: imos disparados (para non ben, por non dicir que para mal) debido aos prezos  que rexen actualmente, e así desde vai un trimestre. E digo: a taxa de variación anual do IPC en Galicia en xullo deste ano 2022 foi, como é ben sabido, do 11,5%, catro décimas por riba da do mes de xuño. Todo un mérito que, seguro, non quixeramos ningún de nós. A variación mensual do IPC  foi do -0,4%, de xeito que a inflación acumulada en 2022 é do 6,5%.

Salientar a suba  do 2,7% dos prezos da vivienda, ata situar a súa taxa interanual no 28,1%, que contrasta co descenso dos prezos do vestido e calzado do -10,3% , e unha variación interanual do 5,9%. É o nivel máis alto rexistrado nesta Comunidade Autónoma desde vai 38 anos, cando aínda España non entrara na Unión Europea, que se explica pola cotización internacional do gas (que incrementa o prezo da luz eléctrica e afecta ao prezo dos alimentos e, polo tanto, da comida e a bebida que custan un 12,8% máis que fai un ano), o prezo dos carburantes tamén en aumento malia a baixada das últimas semanas e, obviamente, a repercusión de todo isto nos prezos dos servizos de restauración e hoteis.

Tamén a roupa e o calzado incrementaron os prezos ata case que un 6%. E así, suma e segue.

Non é a supercopa e tampouco significa unha honra estarmos ahi, na cabeceira da lista de comunidades autónomas con máis alto índice de prezos ao consumo, mérito que nidiamente ninguén acepta porque este tipo de medallas significa deterioro de enorme significación para un territorio que non establece marcas máis significadas que amosar ao conxunto do Estado.

E aínda queda o que resta de agosto e a costa de setembro. Medo me dan.

Outros artigos

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...

+

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

La caridad cristiana, empieza en la propia familia. Hace años escribí al papa intercediendo por dos obreros que habían sido enviados al paro en una Catedral de Lugo, creo recordar Me respondieron ampliamente que el Vaticano no interfiere la gestión de las iglesias. Lo...

+

“Para as cantareiras, parabéns”. Luís Celeiro

Elas son as cantareiras, van ledas e aledan ao entorno, cantan e bailan, tocan e falan. Sondas nosas, recoñecidas e apreciadas por todos. A Real Academia Galega (RAG) neste ano2025 dedícalles o Día das Letras Galegas, para orgullo de todos os cultivadores e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portugal y su serena revolución de primavera”. Alberto Barciela

“Portugal y su serena revolución de primavera”. Alberto Barciela

“Esta é a madrugada que eu esperava/ O dia inicial inteiro e limpo/ Onde emergimos da noite e do silêncio/ E livres habitamos a substância do tempo.” La expresividad cercana del portugués escrito hace comprensible el poema “25 de abril” de Sophia de Mello. La...

“El gobierno que se crea impune está equivocado”. Manuel Velo

“El gobierno que se crea impune está equivocado”. Manuel Velo

Está claro que los gobernantes de la derecha no estuvieron a la altura en las catástrofes. Siempre buscan culpables fuera. Lo hicieron con el accidente del avión Yak 42, el Prestige, el metro de Valencia, el 11-M, el Madrid Arenas, y  la Dana de Valencia.  Los...