Fernando González (comodoro do Real Club Náutico Portosín): “Para nós é unha gran honra organizar a Regata Mar de Finisterre – Trofeo Pitusa Sabín”

09 Agosto 2022

Juan Caballero.- Ante a inminente posta de longo da Mar de Finisterre – Trofeo Pitusa Sabín, que se celebrará os días 20 e 21 de agosto, e que este ano volve ser puntuable para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia, charlamos con Fernando González, comodoro do Real Club Náutico Portosín sobre diversos aspectos como organizadores da proba e coñecendo máis a fondo o club e as súas actividades.

-A Regata Mar de Finisterre volve ser, por segundo ano consecutivo, puntuable para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia. Que especial significado ten para o club, que tanto Xunta de Galicia, Federación e RCN Sanxenxo, volvan confiar en Portosín para a súa concesión?

Para nós é unha gran honra e unha responsabilidade, motivo de agradecemento por, un ano máis, delegar no noso club a organización dunha das probas do circuíto de regatas ORC máis importante de Galicia, como é o Trofeo Presidente.

-A Regata Mar de Finisterre é unha das probas deportivas con máis soleira no RCN Portosín. Pódese dicir que é a pioneira e a máis antiga. Cales son os seus ingredientes para que siga sendo unha das probas deportivas máis importantes de Galicia?

-A máis antiga do club e coa que empezou todo. Con máis de 30 anos de percorrido e para o club, o buque insignia das regatas, moi querida e apreciada por todos os nosos socios e polos que participan nela. Unha das claves, sen ningunha dúbida, é o seu trazado, chegando até Fisterra, percorrendo toda a súa contorna, dunha beleza moi destacable.

-As últimas edicións da Regata Mar de Finisterre están patrocinadas por Dominga Sabín e Jacinto Hernández, dous socios do club que lle puxeron agarimo a esta proba. Como nace a súa historia que xa vai pola oitava edición como Trofeo Pitusa Sabín das 34 que ten a regata?

Un matrimonio socio do club que, motivos profesionais, vive en EE.UU., e que nunha época en que sentiron a necesidade de arroupar e axudar a nosa entidade nas súas necesidades, debido, fundamentalmente, á crise económica, fixérono e ségueno facendo con gran xenerosidade e entrega, creando unha vinculación moi especial con ambos.

-A Regata Mar de Finisterre tamén ten o aliciente de ser puntuable para o Campionato de España de Cruceiros. Que frota acode a esta cita?

Todos os barcos que estean interesados para poder obter algunha das dúas prazas que Galicia ten dispoñibles, para chegar á gran final que organiza o Monte Real Club de Iates de Baiona a bordo dos First Fígaro. Ambas as probas son a de Cruceiros do Real Club de Mar de Aguete e a nosa da Mar de Finisterre.

-Como está a ser o verán no club?

Pleno de actividades, como ten que ser o mes de agosto, dedicado por completo ás 650 familias que conforman a nosa masa social e que nesta época do ano adquiren un maior protagonismo e demandan unha especial dedicación. Todo iso é bo, fai que nos sintamos moi vivos como club.

-Que tipo de actividades organizan durante esta época estival?

Basicamente traballamos en tres liñas de actuación: actividades sociais, actividades deportivas e un incremento moi importante na Escola de Vela

.-O Real Club Náutico Portosín mantén todo o ano unha Escola de Vela moi destacada na comunidade galega, así como un importante equipo de regatas que participa nas diferentes competicións oficiais do calendario da RFG de Vela. Cales son as modalidades máis destacadas do club?

-As modalidades nas que máis destaca o club son o Optimist, cunha especial dedicación ás nenas e nenos que se inician no deporte da vela, así como unha frota bastante importante de Láser e 420.

-Pensando nos socios do club, cal é a folla de ruta a curto medio prazo? Hai previsión da ampliación do seu capital ou posibles investimentos na mellora das instalacións e servizos?

-O Real Club Náutico de Portosín goza dunhas grandes e boas instalacións, cun persoal e mariñeiría moi cualificados, ao que hai que engadir o excelente servizo do restaurante, cunha vista extraordinaria da ría de Muros e Noia. Pero, efectivamente, buscando a excelencia e a mellor oferta en calidade aos nosos socios, o club está a traballar na ampliación deses servizos e das instalacións, cun plan de actuación a curto-medio prazo.

Outros artigos

A Copa Galega de Fútbol Gaélico xógase en Ribeira o 26 de abril

Este 16 de abril celebrouse en Ribeira a presentación da Copa Galega de Fútbol Gaélico que se vai a celebrar o vindeiro sábado 26 de abril no Complexo Deportivo da Fieiteira; á presentación acudiron, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal, o segundo tenente de...

+

Éxito de participación do obradoiro de pesca submarina de Muros

Este sábado 12 de abril a praia de Somorto en Esteiro (Muros) acolleu o I Taller de Iniciación á Pesca Submarina, impartido por Soraya Hermida e Belén Díaz. A experiencia formativa “contou cunha gran acollida, esgotando todas as prazas disponíbeis, e a xente marchou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...