O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, visitou este xoves Porto do Son onde dou un paseo para “coñecer de primeira man a situación actual de comerciantes e hostaleiros”. Núñez Feijóo estivo acompañado pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o alcalde da localidade, Luís Oujo.
Alberto Núñez Feijóo, á localidade de Porto do Son (A Coruña), onde aproveitou para poñer o foco na situación do sector pesqueiro e demandar a adopción de medidas, como a “recomposición” das cotas.
Feijóo chegou a Porto do Son onde deu un paseo polos locais hostaleiros máis próximos ao porto e aproveitou para visitar a praza de abastos. Ao seu paso, foron moitos os veciños e turistas que se achegaron para saudalo e sacar algunha que outra foto con el.
Coincidindo coa visita do líder nacional popular, Porto do Son celebra a feira de oportunidades, na que se venden produtos de diversa índole, artesanía ou embutidos, entre outros, e alí Feijóo animou aos presentes en “comprar de todo”.
En declaracións ós medios o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que non coñecía o documento que asinou a anterior dirección do PP co Goberno sobre a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial. Feijóo dixo que o ministro de Presidencia, Félix Bolaños, ameazou con filtrar o documento se non chegaban a un acordo para a renovación do órgano de goberno dos xuíces.
Dende o Executivo central, a ministra de Política Territorial e voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, pediulle ao líder dos populares que non busque “máis escusas” para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial.
