Falece un motorista en Outes tras sufrir unha caída co seu vehículo

29 Agosto 2022
Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro xunto H3, 061, Garda Civil e Ges de Muros actuaron en accidente con feridos no Concello de Outes.

Un motorista perdeu a vida, no concello coruñés de Outes, ao sufrir unha caída co seu vehículo na DP-6202. Foron os propios servizos sanitarios os que chamaron ao 112 Galicia, ás 17:00 horas, para comunicar a incorporación do helicóptero medicalizado con base en Santiago ao operativo. Desafortunadamente, soamente se puido confirmar o seu falecemento.

Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, un motorista resultara inconsciente tras caer do seu vehículo cando circulaba á altura do punto quilométrico 3.

Así, para prestar colaboración nas tarefas de aterraxe da aeronave, que tomou terra no lugar dos feitos minutos despois, desde o CIAE 112 púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Boiro, dos membros do GES de Muros e dos voluntarios de Protección Civil de Outes. Igualmente, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...