Este 28 de agosto apuntámonos ao running na XIII Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal

27 Agosto 2022

Este domingo 28 de agosto será unha data sinalada para as corredoras e corredores da nosa comarca e doutras terras próximas e non tan próximas, aos que non lles quedará outra que poñer o punto de mira na Pobra do Caramiñal. De feito está prevista para ese día a décimo terceira edición da Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal, pertencente ao V Circuíto de Carreiras Populares Barbanza Arousa 4 carreiras, 1 meta e ao VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

O obxectivo é promover a actividade física nos distintos rangos de idade ao tempo que se practica deporte ao aire libre, nesta ocasión “polo núcleo urbano co mar como acompañante durante todo o traxecto”.

No que respecta á participación, agardan que esta convocatoria iguale ou incluso supere a cifra de anteriores anos.

O evento poderán asistir tanto atletas federados/as en atletismo coma non federados/as e abrangue as categorías dende a sub-6 ata a máster 4, ademais de dispor da modalidade Sapatilla Inclusiva. Estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

As saídas efectuaranse dende a rúa Fernández Albor, das 10.45 horas en diante, e a meta situarase no interior da praza Alcalde Segundo Durán, onde se procederá coa entrega de premios a partir das 13.30 horas.

Outorgaranse trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as por categoría, premios en metálico e agasallos ós/ás cinco primeiros/as clasificados/as da xeral, camiseta técnica para os/as participantes na proba absoluta e medallas para a sub-6 e sub-8.

Contarase coa colaboración da Protección Civil e cumprirase o protocolo FISICOVID-DXTGALEGO.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...