Entregados en Boiro os premios das dúas primeiras Quincenas Fantásticas da ABE

04 Agosto 2022

O presidente da ABE, Daniel García, entregou este martes 4 de agosto os premios do mes de xullo da campaña Quincenas Fantásticas, en total 1.000 € e dúas bicicletas para clientes do comercio de Boiro. Rexistráronse 1634 tíckets en www.abe.gal (443 tíckets mais que no mesmo período do pasado ano). A campaña continua e de feito a ABE ten programados 2 sorteos mais ao remate de cada quincena do mes de agosto.

A continuación damos conta dos establecementos e das persoas premiadas.

Premio / Establecemento / Persoas premiadas

250 € Drolim Eva Nuñez

150 € Librería el Cisne Elena Outeiral

100 € Tiendas Cosmos Justo Loño

Bici Mercafrutas Encarna

250 euros Café Literario Ágora Alfonso Fabeiro

150 euros Carnicería O Jalo Saray Boo

100 euros Restaurante Arume María Dolores Abuín

bici Multiservicios N13 Alejandra Tubío

A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e, de feito, aínda están pendentes de sortearse 500 € e 1 bici ao remate de cada unha das 2 quincenas de agosto (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros + a bici)
Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.
A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...