En Ribeira “Viamare Stock” arrinca este venres con mil metros cadrados de gangas nun espazo comercial con 23 tendas

11 Agosto 2022

Un ano máis, a feira e oportunidades Viamare Stock desenvolverase na explanada do porto de Ribeira. Abrirá as súas portas o venres 12 de agosto e teranas abertas até o domingo 14, cos seguintes horarios: venres e domingo de 11:00h a 22:00h e sábado de 10:00h a 22:00h de xeito ininterrompido. A Asociación de Empresarios salientou “que o mis relevantes destas xornadas serán os grandes descontos dos 23 comercios que participan”.

Este ano a feira volve contar coa colaboración do Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira, AGADEA. “Estamos encantados de que un ano máis os usuarios do Centro de Día decoren a carpa e podamos darlle visibilidade a todo o labor que están levando a cabo os nosos maiores, explicou Martínez Gude, lembrando que este evento é posíbel grazas ás subvencións da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Ribeira. “Esperamos que este ano esta feira sexa todo un éxito como as predecesoras edicións e convidamos a todas as veciñas, veciños e turistas a vir a Ribeira a pasar unhas xornadas animadas e aproveitarse dos grandes descontos que ofrece o comercio de calidade de Ribeira”, engadiu o presidente da patronal.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...