En Ribeira un home precipítase desde un guindastre á que se lle rompeu a cesta

31 Agosto 2022

Un traballador duns 40 anos foi evacuado de urxencia para ser atendido das lesións provocadas por unha caída de altura no Polígono de Xarás. O home trataba de recuperar un dron que se quedou entre varios árbores cando rompeu a cesta e precipitouse desde o guindastre.

Debido ao impacto, sufriu fracturas múltiples, sendo mobilizado o helicóptero H3, que o trasladou de urxencia ao Hospital Clínico de Santiago.

A alerta sobre este accidente recibiuse no 112 ao fío das 16:45 horas de hoxe mediante a chamada dos axentes da Policía Local, que pedían asistencia médica urxente para un operario que caera duns tres metros de altura. Así, ademais dos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, informouse tamén ao Grupo de Emerxencias Municipal de Ribeira e á Policía Nacional.

Finalmente, o ferido foi evacuado a bordo da aeronave ao Hospital Clínico de Santiago.

cedida

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.