O Faiado 2022
Dez artistas da comarca exhiben dende o día de hoxe as súas creacións na Casa Consistorial de Ribeira a través da exposición colectiva O Faiado 2022: unha proposta integrada por unha vintena de obras que poderá ser visitada e contemplada ata o próximo 21 de outubro.
A concelleira de Cultura, María Sampedro, interveu no acto inaugural agradecendo aos artistas esta ocasión que brindan de “amosar esta marabillosa obra na casa de todos” e dou as grazas
tamén á galería O Faiado e á súa responsable Eugenia Gómez á hora de poder exhibir esta colección.

No nome dos artistas falou Olegario Sampedro, quen loou a calidade das pezas dos seus compañeiros e agradeceu ao Concello a cesión deste espazo.
Ademais expresou a súa confianza de que a xente vexa a mostra coa esperanza de que non lle deixe indiferente.
Ademais de Olegario Sampedro forman parte da exposición Loli Regueira, Belén Rodríguez, Sergio Femar, Carmen Sampedro, Manuel Rodríguez Varela, Beatriz Martínez del Campo Ricoy, Fernando Rei, Pío Costa e Mónica Rivas.