En Dodro máis dun cento de persoas arroupan á familia de Moncho Reboiras na súa rúa

12 Agosto 2022

O equipo de goberno do concello de Dodro en pleno desprazouse a aldea de Imo para inaugurar
a RÚA MONCHO REBOIRAS, acordo plenario do pasado mes de xuño.


O modesto acto institucional comezou logo de que un grupo de gaiteiros deran alboradas pola
renomeada estrada AC-350 ata deterse no No 73 da casa familiar da que saíu hai 47 anos o corpo
asasinado de Pepe de Loureiro para o cemiterio parroquial.
Interveu primeiro o promotor da rúa, o portavoz nacionalista do BNG Xoán Bautista Mariño do goberno
municipal quen agradeceu, coma no pleno, a xenerosidade dos demais grupos do goberno PSOE e UV
que fixeron posible que se dera en Dodro outro feito democrático deste goberno, neste caso a
recuperación da Memoria Histórica do país.
Na súa intervención mencionou dun xeito moi resumido a vida do veciño asasinado no Ferrol polas súas
ideas e traxectoria cultural, cívica, sindical e política como dirixente da UPG hoxe integrada no BNG.
“Non é que puxeramos a andar a Moncho Reboiras como se ve no cartel, penso sinceramente que foi
ao revés. El con outras persoas -que hoxe nos acompañan-, foron as que defenderon a bandeira da
liberdade nunha Galiza asoballada e que non sería hoxe a mesma se non existira ese enorme traballo
na defensa do pobo galego”
A bandeira galega ao ritmo da Marcha do Antigo Reino de Galiza destapou o nome da rúa coa axuda de
Manolo, seu irmán, que con anterioridade dirixiu unhas palabras emocionadas de agradecemento ao
grupo de goberno “Pepe estaría hoxe contento, non só pola placa, tamén por ver a un goberno
progresista en Dodro xunto pola defensa de todas as persoas que sufriron a longa noite de pedra de 40
anos de ditadura”.
Pechou o alcalde Xabier Castro dicindo “pese a recordarmos un día triste é un acto no que se fai
democracia e temos que seguir defendendo a liberdade “
Entre as persoas asistentes estaban, a parte do irmán, familiares do homenaxeado, responsables da
UPG, o presidente da Fundación Moncho Reboiras Suso Seixo, representantes do sindicato
nacionalista; un nutrido grupo da Executiva Nacional do BNG, comarcal e local. Tamén compañeiros do
homenaxeado como Lois Ríos ou Xosé M. Pavón entre outros. Asistiron concelleiras e concelleiros a
parte doutros dirixentes nacionalistas de todo o país, a parlamentaria Rosana Pérez e o deputado
provincial Xosé L. Penas.

Outros artigos

Dodro organiza unha fin de semana de mulleres con motivo do 25N

No marco das celebracións do 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Dodro vai organizar unha viaxe de irmandade para as veciñas do concello. A fin de semana das mulleres incluirá, concretamente, unha viaxe...

+

O BNG insta de Dodro insta ao Concello “a mirar polo rural”

O BNG emitiu un comunicado no que valora moi positivamente ter conseguido "sacar a diante, diante dun Goberno do PSOE en minoría (3 de 11), dúas mocións dirixidas a mellorar o rural de todas as aldeas". No comunicado recórdase a postura dos nacionalistas sobre as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...