En Boiro regresan os festexos de San Ramón de Bealo

24 Agosto 2022

O Concello de Boiro colabora un ano mais coa comisión de festas de San Ramón de Bealo, unha romaría declarada de Interese Turístico Galego. Na presentación, que tivo lugar esta mañá, participaron o alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Cultura, María Outreiral, e os membros da comisión, Francisco González e José Luis Quintáns.
Os festexos comezarán o martes día 30 de agosto con verbena pola noite. O mércores 31, festivo local, celebrarase a tradicional romería con misas dende as 9.00 horas, pulpeira, comida campestre, grupos tradicionais e as orquestras Marbella e Puzzle. A festa continúa os días 1, 2, 3 e 4 de setembro, con orquestras na verbena e o San Ramonciño Pequeno o domingo con grupos de gaitas, actividades para nenos e pulpeiras.
Dende a organización fixeron especial fincapé na importancia da responsabilidade da cidadanía coas medidas de seguridade e lembrouse que, segundo o establecido no decreto 159/2019 do 21 de novembro da Xunta de Galicia non está permitida a acampada nin facer lumes, tendo en conta as
circunstancias de seca producidas este ano.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.