Duascentas cincuenta persoas participaron na andaina de AGADEA ‘Os Camiños dá Memoria

26 Agosto 2022

Duascentas cincuenta persoas participaron na andaina de AGADEA ‘Os Camiños dá Memoria’ que abriu o famoso divulgador e influencer ambiental Rogelio Santos Queiruga.

A entidade AGADEA ALZHÉIMER logrou hoxe cumprir o obxectivo de sensibilizar sobre esta doenza cunha unha gran marea verde de camiñantes. Unha semana antes as prazas estaban completas e hoxe familias enteiras xuntáronse en Ribeira para percorrer os 8 quilómetros da Andaina ‘Os Camiños dá Memoria’.
A presidenta de AGADEA, Isabel Gey, a cocelleira de Servizos Sociais, Ana Isabel Barreiro e o influencer Rogelio Santos Queiruga, foron os encargados de dar a saída. Precisamente, Rogelio Santos, de Queira, en Porto do Son, causou balbordo entre os participantes. El é unha persoa moi recoñecida polo seu gran labor como divulgador das riquezas do mar no seu traballo diario como pescador.
Outro dos pratos fortes da andaina foi o photocall realizado polas persoas usuarias do Centro de día Alzhéimer de Ribeira. O seu excepcional traballo viuse recoñecido coas decenas de fotos dos camiñantes. Pola súa banda, o grupo Tahúme animou toda a tarde coa súa música e o Parque García Bayón converteuse nunha festas.

A andaina, organizada coa colaboración do concello de Ribeira e con Eduardo Iglesias, de Arousa Neo, como director técnico, contou co apoio directo de veciños e de máis de 50 pequenos comercios da zona. Todos quixeron colaborar, e os que non puideron economicamente fixérono con agasallos que foron sorteados, comida e bebida para o avituallamiento ou como voluntarios, como a Asociación de Amas de Casa de Ribeira. Outros colectivos como grupos de atletismo, de música como Ultreia, Leite con Jalletas, as `praceiras´da zona achegaron tamén o seu gran de area. Outros o fixeron co Dorsal 0.
En definitiva foi unha gran acción de convivencia veciñal coa que AGADEA cumpriu o seu obxectivo de sensibilizar sobre o Alzhéimer e potenciar actividades de vida saudable.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...