Dúas persoas resultan feridas despois dunha colisión entre unha moto e un turismo na AC-550, en Noia

20 Agosto 2022

Dúas persoas resultaron feridas de diversa consideración tras producirse unha colisión entre unha moto e un turismo á altura do punto quilométrico 71 da AC-550.

Ambas foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Unha delas a bordo dun helicóptero medicalizado, mentres que a outra foi evacuada en ambulancia.

A alerta sobre este accidente activouse no 112 Galicia ás 18:15 horas a través dunha persoa particular. No seu relato, solicitaba asistencia médica para o condutor da moto, que resultara inconsciente tras impactar contra un turismo no cruce entre a AC-550 e a DP-5704, ao seu paso pola localidade da Barquiña.

Sen embargo, unha vez que os equipos de intervención chegaron ao lugar, confirmaron ao 112 que un total de dúas persoas resultaron feridas como consecuencia do impacto entre os vehículos.

Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaron da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago para axilizar o traslado dos implicados. A aeronave tomou terra no lugar dos feitos poucos minutos despois.

Ademais do equipo médico, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Boiro, dos membros do GES de Noia, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, dos membros de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da estrada.

Outros artigos

Alarma de vertido no malecón de Gasset, en Noia

O Concello de Noia recibiu aviso na tarde deste venres 16 de xaneiro dun novo aviso de vertido na ría, concretamente un vertido de líquido cor verde aparecido na ría, a carón do malecón de Gasset. Ata alí desprazáronse o alcalde, o tenente de alcalde e o concelleiro...

+

O PSdeG-PSOE reclama á Xunta a construción dun centro de día en Noia

O PSdeG-PSOE trasladará ao Parlamento de Galicia a petición do Concello de Noia para a construción dun centro de día para as persoas maiores da localidade. Así o anunciou a deputada socialista, Patricia Iglesias, tras unha reunión institucional co alcalde, Francisco...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.