Dodro reivindica a súa cultura e a súa paisaxe na Ruta Literaria Rosalía nos Camiños

22 Agosto 2022

O Concello de Dodro compartiu novamente os detalles dunha das súas grandes propostas culturais, paisaxísticas, deportivas e medio-ambientais da tempada: a Ruta Literaria Rosalía nos Camiños, que ten páxina de seu no sitio do Obradoiro Terras de Iria, onde se dá conta de xeito pormenorizado de todo o que precisamos saber deste relevante itinerario pola parte da nosa comarca máis próxima ás terras de Sar.

A ruta foi deseñada polos Concellos de Dodro, Padrón e Rois, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro. Trátase dunha senda de 15 quilómetros que percorre os municipios da comarca do Sar, pasando por algunhas das paraxes mencionadas no poemario de Rosalía de Castro, En las orillas del Sar. A ruta foi estreada en maio cunha primeira expedición de 150 persoas.

Lugares de visita obrigada

Este itinerario permite coñecer o lugar de Fondóns, en Rois, o Paseo do Espolón, o Santiaguiño do Monte, a Igrexa de Iria Flavia, a Casa Museo e a praza Ramón Tojo, en Padrón e xa, en Dodro, o palacio de Lestrobe, a praza do Mercado, a fonte de Santa María e as Torres de Hermida. A ruta, con saída e chegada no Espolón de Padrón, está sinalizada con fitos de pedra realizados polo canteiro José Conde, que levan esculpida unha figueira deseñada polo escultor Camilo Seira.

O Concello de Dodro convida a residentes e visitantes a percorrela e “festexar o seu compromiso pola defensa da nosa cultura e identidade como pobo, traballando colectivamente por mil primaveras máis para a lingua galega”.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.