Dodro nomeará á Rosalía de Castro como filla adoptiva a título póstumo

04 Agosto 2022

A xeografía vital e literaria de Rosalía de Castro é rica e complexa, pero nela ocupa un lugar de
primeira orde o Concello de Dodro. Non é posible falar de Dodro sen falar de Rosalía de Castro
e viceversa, coa autora Dodro aparece na cartografía literaria de Galicia. Mencionouno nalgún
artigo e inmortalizouno nos seus poemas. Rosalía tiña casa en Dodro, en Lestrobe: as Torres
de Hermida do seu curmán José de la Hermida Castro, onde viviu en diferentes épocas da súa
vida, aquí naceron os xemelgos Gala e Ovidio, bautizados en Santa María de Dodro e neste
lugar asinou varias da súas obras, coma “Padrón y las inundaciones”, “El primer loco” ou “En
las orillas del Sar”. A poeta que é todo un emblema de Galicia converteuse ademais na
principal embaixadora cultural deste municipio e da súa poboación.
Por estes motivos e como mostra de recoñecemento a súa excepcional traxectoria literaria e a
súa contribución á cultura galega, así como xesto de afecto e gratitude polo labor prestado ao
coñecemento e promoción de Dodro e do seu patrimonio, o Concello de Dodro ven de propor a
concesión do título honorífica de Filla Adoptiva, á título póstumo, á poeta Rosalía de Castro.
A iniciativa naceu da Concellería de Cultura e Patrimonio, no mes de abril e logo de seguir o
procedemento recollido no Regulamento de honras e distincións do Concello de Dodro (BOP
núm. 120 do 29/06/2021), finalmente será sometida a votación da corporación municipal para a
súa aprobación no vindeiro Pleno, o cal terá lugar o xoves, 11 de agosto, ás 12.00 horas, na
Casa do Concello.
O Concello de Dodro desexa convidar á veciñanza a compartir un acto tan emotivo, no que se
agarda a presencia de Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro.
Lembremos que Rosalía de Castro é de Dodro, de Galicia pero sobre todo é universal, este
nomeamento supón un exercicio de xustiza social polo traballo e contribución da poeta na
defensa da nosa lingua e cultura galega, pero sobre todo un exercicio de democracia cultural
pois a súa escrita constitúe un estímulo para a creación cultural, un referente pedagóxico e un
emblema identitario para as novas xeracións.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...