
O Concello de Dodro recoñecerá ao locutor radiofónico Pepe Domingo Castaño como “Fillo Predilecto” este luns 29 de agosto nun acto que terá lugar no Palacio de Lestrobe, a aldea onde naceu fai preto de 80 anos, inmediatamente despois dos actos habituais do Luns dous Aflixidos, coa misa solemne, a procesión e a poxa dos ramos.
O acordo alcanzouse por unanimidade dos catro grupos que forman parte da corporación municipal e que abarca todo o arco ideolóxico sendo no que levamos de lexislatura, unha das poucas ocasións nas que no Concello de Dodro alcánzase un acordo unánime entre todas as forzas.
Os responsables municipais consideran que Pepe Domingo Castaño “ é merecedor desta distinción pola suá implicación coa comarca do Sar e a súa vinculación coa terra que ou veu nacer” (“é merecedor desta distinción pola súa implicación coa comarca do Sar e a súa vinculación coa terra que lle viu nacer”).
A proposta deste nomeamento partiu do actual equipo de goberno liderada por Xavier Castro. Todos os grupos mostraron a súa satisfacción ante un recoñecemento máis que merecido”.
Así o luns 29 ás 14:00 horas terá lugar o acto solemne no lugar no que se celebraba a festa, antes de ser o lugar destinado ao hotel. O Concello de Dodro destacou a importancia deste evento, tendo en conta que é a primeira vez que alguén recibe a distinción de Fillo Predilecto, polo que convidou ás autoridades da comarca, aos veciños de Lestrobe e a todo aquel que queira asistir.
Así mesmo, desde o Goberno local tamén agradecen a Pousadas de Compostela a súa colaboración na organización do evento, xa que, máis aló da renovación do antigo Palacio Arzobispal de Lestrobe, “os actos do luns serán os mesmos que se facían cando o pequeno Pepe andaba pola aldea”.