Dodro instala dúas novas marquesiñas con estacionamentos para bicis

29 Agosto 2022

O Concello de Dodro vén de instalar dúas marquesiñas para o estacionamento de bicicletas na Casa do Concello e máis no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, que se completan cos dous aparcadoiros xa existentes no Pavillón Polideportivo Municipal e no Campo de Fútbol de Chelo, “co obxectivo de incentivar a mobilidade sustentábel entre a poboación”, sinalaron fontes do equipo de Goberno. O investimento foi de 9.058,06 € e cun co-financiamento de 4.529,03 € ao abeiro do Programa Estatal de Incentivos á Mobilidade Eficiente e Sustentábel (programa Moves II).

O Concello explicou que Dodro é un lugar idóneo para a práctica da actividade ciclista, onde as aldeas están próximas unhas das outras e os distintos servizos (Casa do Concello, Servizos Sociais, CPI, Escola Infantil, Campo de Fútbol, Pavillón Polideportivo, Centro de Saúde, Centro de Día) atópanse a menos de 10 quilómetros de calquera vivenda. “A orografía tamén fai do noso concello un lugar axeitado para práctica ciclista, onde o 55% da poboación concéntrase nunha cota menor dos 30 metros de altitude e o 90% a menos de 100”, engaden dende o Consistorio.

Outros artigos

Este domingo celébrase o 2ª Duatlón Escolar Concello de Outes

Este domingo 12 de abril pola mañá celebrarase a segunda edición do duatlón (carreira e bicicleta) escolar do Concello de Outes. Con motivo do desenvolvemento da proba, as zonas da Piscina Municipal e praza do Bosque estarán pechadas ao tráfico dende as 9:00 ata as...

+

Rouban unha oliveira do paseo das estrelas de Dodro

O Concello de Dodro vén de denunciar o roubo dunha oliveira plantada con motivo do Día Internacional da Muller no paseo das estrela situado ao carón do concello. Dende o Consistorio lembran a creación hai un ano dun espazo destinado aos homenaxes do Día Internacional...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.