Detidas dúas persoas como presuntos autores dun delito de roubo con violencia en Portosín

14 Agosto 2022

En Porto do Son a Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntos autores dun delito de roubo con violencia en Portosín.

O denunciante dos feitos asegurou que o pasado 26 de xullo foi asaltado por dúas persoas que, “sen mediar palabra e sen posibilidade de defensa”, “estrangulárono por detrás” e, unha vez no chan e tras perder a consciencia, roubáronlle 400 euros.

Despois dunha investigación por parte a Garda Civil, a vítima logrou identificar aos supostos autores do delito a través dunha reportaxe fotográfica. Os axentes procederon á detención das dúas persoas sospeitosas dun delito de roubo con violencia e outro de lesións.

Os detidos foron posto ao dispor do Xulgado de Noia, que decretou unha orde de afastamento da vítima de 300 metros.

Por outra banda a Garda Civil investiga a un menor de idade en Porto do Son como presunto autor dun delito de contra a seguridade colectiva na modalidade de tráfico de drogas.

Os feitos sucederon a pasada semana durante os festexos da Feira Celta. Os axentes da Garda Civil que realizaban os labores de vixilancia no marco do Plan operativo de resposta policial ao tráfico retallista e consumo de drogas en zonas de lecer identificaron a un grupo de mozos que se atopaba nun parque infantil.

Ao ver aos axentes, un dos mozos fuxiu correndo e lanzou unha bolsa que contiña, segundo a Garda Civil, “unha peza resinosa de haxix”, que tras ser pesada, lanzou que contiña 48,23 gramos da devandita substancia.

A Garda Civil localizou finalmente ao menor no seu domicilio e procedeu á súa investigación como presunto autor dun delito contra a seguridade colectiva na modalidade de tráfico de drogas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...