Davide Salvado e Cibrán Seixo estarán este sábado en Boiro no marco do festival Paisaxes Sonoras

25 Agosto 2022

O festival Paisaxes Sonoras, impulsado pola Mancomunidade Barbanza Arousa (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo) ,vainos deparar este sábado 27 de agosto un concerto de Davide Salvado e Cibrán Seixo. Será ás 20.30 horas na canteira da Retorta.

Davide Salvado e Cibrán Seixo chegan co seu proxecto titulado Sen Xente, no que renden homenaxe á música atlántica, unha etiqueta na que eles inclúen xéneros como a música tradicional ibérica, o bolero, o jazz ou o fado, acompañados de instrumentos de corda (violíns, violas, guitarras), a maiores de sintetizadores.

Actúan dentro do festival Paisaxes Sonoras 2022 que se celebra do 25 ao 28 de agosto na Pobra do Caramiñal, Ribeira, Boiro e Rianxo.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.