Cultura da Deputación achega máis de 533.000 euros a 31 festivais impulsados por entidades sen ánimo de lucro

23 Agosto 2022

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña, que xestiona o deputado Xurxo Couto, destinará finalmente este exercicio 533.370,29 euros para subvencionar 31 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas promovidos por entidades sen fins de lucro de toda a provincia.

Xurxo Couto nunha imaxe recente de arquivo

As axudas (en función do orzamento presentado e o coeficiente de apoio que responde á criterios obxectivos) van desde os 5.000 aos 45.000 euros. Esta achega súmase a outra de 549.993,17 euros, aínda provisional, coa que a Deputación contribúe a financiar 24 festivais das mesmas características organizados polos concellos.

Entre os beneficiarios están o 31 Festival Outono de Teatro de Carballo, XV Festival Rock In Rian de Rianxo, o XXVIII Festival Rock & Dorna (Festa da Dorna de Rianxo), Ateneo Barroco 2022, XXVII Galicreques ou XXXVII Festa da Carballeira de Zas.

A resolución, a listaxe de beneficiarios das axudas e a cantidade que recibirá cada un están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 23 de agosto, e tamén se poden consultar e descargar na ligazón específica habilitada pola entidade provincial.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...